Xornada de presentación do proxecto VT

O proxecto VT (Vehículos de Transferencia) trata de abordar, dende unha perspectiva transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, as posibilidades das distintas vías de transferencia de coñecemento dende a universidade á empresa. A investigación baixo contrato, a transferencia vía licenza e a creación de empresas de base tecnolóxica son os tres eixes clave de traballo deste proxecto no que se pretenden explorar as novas posibilidades que ofrece a cooperación entre as distintas institucións implicadas nos procesos de transferencia na Eurorrexión.

Na xornada de inicio expoñeranse os obxectivos xerais do proxecto e o seu marco institucional. Contarase coa paricipación do director da Academia Europea de Patentes (Oficina Europea de Patentes), que explicará as posibilidades para a universidade e a empresa dunha das ferramentas clásicas para a transferencia vía licenza: as patentes.

Información de interese:

Celebración

15 de xuño do 2011. De 10 a 14 horas
Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Rúa do Franco s/n. Santiago de Compostela

Inscrición

Gratuita. Xestionarase a través do envío da ficha de inscrición a info [at] vtransfer [dot] org ou ao número de fax 981 558 009
Data límite de inscrición: 13 de xuño

Máis información

Unidade de Valorización e Transferencia
Edificio Emprendia. Campus Vida s/n
info [at] vtransfer [dot] org
Teléfono: 900 100 981
Fax: 981 558 009

Programa xornada de presentación do proxecto (pdf)
Boletin de inscrición (pdf)
Tríptico (pdf)